“Na tradición musical europea houbo instrumentos que ficaron asociados a un determinado sexo ou mesmo a un grupo social, ás veces inxustamente” Quen así fala é Xosé Manuel Sánchez Rei, filólogo e gaiteiro, en artigo publicado en setembro pasado no portal Terra e Tempo, acrecentando que un deses instrumentos era a gaita, tradicionalmente asociada ao masculino.
Tradicionalmente asociada, mais non exclusivamente e, con certeza, en número insuficiente como para podermos asociar esta ocupación, como sucede con outras profesións ou oficios, con determinados topónimos que se dan na franxa occidental da península. Non nos parece que o topónimo A Gaiteira, ben coñecido na Coruña mais tamén en Moaña ou Fene teña nada a ver co oficio de unha muller que toca a gaita. A forma castelá La Gaitera, tamén como microtopónimo, aparece, polo menos en Badaxoz (“paraje de olivares denominado La Gaitera”). Tamén é o nome dun souto no lugar de Hervás (Cáceres) e de outra propiedade rústica en Castromocho (Palencia).
Voltando á literatura, ben coñecidos son os versos que inician Cantares Gallegos e a apelación á meniña gaiteira para cantar. Aínda sendo unha personaxe literaria cabe pensar, como se sinala máis arriba, na existencia de mulleres gaiteiras nos séculos pasados. Coñecemos Áurea Rodríguez que liderou “Os Maravillas” de Cartelle xunto os seus irmáns até a década de 1930 e sabemos, aínda que sexa figura de sainete, de Marica, a protagonista do Saynete nuevo de la Gaytera, manuscrito datado en 1797, conservado na Biblioteca Nacional, e que presenta unha muller gaiteira que fai bailar ao son da súa gaita unha serie de personaxes alí presentes.
Déixolles os primeiros versos dun texto, o Saynete nuevo, que comeza coa forma dos romances e cantares de cego e alude a unha realidade, a muller gaiteira, que, probabelmente, foi coñecida, aínda que fose só na memoria colectiva, por Rosalía.
Marica
Sola por aquestos campos,
voy siguiendo mi destino,
entro en las villas y aldeas,
atravieso los caminos
pues es mi gusto el andar
haciendo mil desatinos;
si pasan los pasageros,
todos van con gran sigilo,
solo por ver si consiguen,
el no encontrarse conmigo
lo mismo es tañer mi Gayta
que desde el grande hasta el chico
a corcobos y ademanes
se deshacen dando brincos
sea muleto sea caballo
sea jumento sea borrico
ellos baylan sin concierto
que parece que es hechizo
el de la Gayta ...