En febrero de 2017 unha muller falecía nos corredores do servizo de Urxencias do Hospital de Santiago mentres esperaba a ser atendida. Uns feitos que o sindicato médico CESM-Omega denunciou perante a Fiscalía, que agora vén de remitir a un xulgado de Santiago unha denuncia ao considerar que "hai indicios de delito" nesa morte. Unha nova que a representante deste sindicato nese complexo hospitalario, Fátima Nercellas, adiantaba na Radio Galega e da que se veñen de facer eco diversas axencias de noticias.
Así, e segundo confirmaron a Europa Press fontes da Fiscalía, após unha denuncia recibida pola morte dunha doente á que "tardaron un tempo en atender" e faleceu cando a foron a asistir, o Ministerio Fiscal analizou os feitos e falou con testemuñas, após o que decidiu formular denuncia nun xulgado. As mesmas fontes indicaron que agora será o xulgado correspondente o que "determinará se houbo neglixencia ou deficiencia na atención" da persona falecida en Urxencias.
Este foi o terceiro falecemento denunciado nuns corredores de Urxencias do CHUS nos últimos anos.