Imprimir

Fiscalía abre investigación penal pola viaxe á Coruña do Fuenlabrada

Redacción | 24 de xullo de 2020

Xogador confinado no Hotel Finisterre da Coruña (Foto: Europa Press)
Xogador confinado no Hotel Finisterre da Coruña (Foto: Europa Press)
As dilixencias ábrense a raíz do escrito presentado polo Concello da Coruña,

A Fiscalía Provincial da Coruña abriu dilixencias de investigación penal para esclarecer se o sucedido no caso do brote de coronavirus detectado na expedición do Fuenlabrada desprazada á Coruña para xogar un partido ten "alcance penal".

Tal e como confirmaron a Europa  Press fontes de Fiscalía, as dilixencias ábrense a raíz do escrito presentado polo Concello da Coruña, no que se pide que se expliquen cuestións como "por que non se informa ás autoridades sanitarias" dos positivos no persoal e "por que se viaxa" ata A Coruña cando xa se coñecía que algún dos xogadores estaba afectado.

A investigación aberta por Fiscalía, apuntou o Ministerio Público, ten como obxectivo "esclarecer os feitos" e "determinar se os mesmos teñen alcance penal". O procedemento, engaden, ten carácter reservado.

Tras a decisión do Concello da Coruña de levar o caso a Fiscalía, o presidente da Xunta, Núñez Feixoo deixou aberta tamén a posibilidade de acudir á xustiza se o expediente informativo en curso do Goberno galego detecta que se produciu algún tipo de neglixencia. "

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/deportes/fiscalia-abre-investigacion-penal-pola-viaxe-coruna-do-fuenlabrada/20200724111957102016.html


© 2020 Nós Diario