AXENDA

Unha fin de semana para non perder

9

Allariz. Reserva da Biosfera

Allariz 7.9.2019 Diversos espazos 12.00h

A Senda do Moucho organiza este percorrido medioambiental que transita ao carón do río Arnoia para coñecer tesouros únicos como a Poza da Moura ou a Pedra do Sol.

13º Festival Arteficial

Ribadavia 7.9.2019 Conxunto histórico

Actividades como exposicións plásticas, recuncho para crianzas, mercado das sementes e música ao vivo con grupos como Chicharrón, Za!, Lois, Meneo, Ambre e máis!

Ruta Xeolóxica

Carballo 7.9.2019 Razo De 10.30h a 13.30h

Ruta pola contorna de Razo-Baldaio para coñecer a formación da lagoa, a praia fósil e a formación do espazo natural, entre outras curiosidades. Previa inscrición en [email protected].

Festival Solidario Zona Cultural, Non Residual

Ameneiro, Calo 7.9.2019 Campo da Festa do Carmelo 21:00

Con motivo da presentación do novo disco de Desequilibrio mental, Séculos escuros III, Ilusión, preparan este concerto xunto a Ruxe-Ruxe, A companhia do ruido e Brua.

II Romaría cultural da Sinha Paca

Redondela 7.9.2019 Torreiro de Santa Mariña

Feira, pasarrúas, pregón coa artista Chelo Rielo, sesión vermú, xantar popular, regueifas-rap, concertos e moito máis na programación da II Sinha Paca.

Espazos sonoros

Carballedo/ Ribas de Sil 7-8.9.2019 Santo Estevo de Chouzán/ Mosteiro de Santa Cristina

Continúa a programación do festival de música antiga Espazos Sonoros na súa duodécima edición. O sábado 7 de setembro, ás 18.00h, estarán en Santo Estevo de Chouzán, Carballedo, cun concerto do dúo Fracanapa, composto por Susanne Hofmann –violín- e Matías González –bandoneón-. Segue o domingo, 8 de setembro ás 12.00h, cun obradoiro de achegamento á música antiga no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Parada de Sil, e, ás 15.00 h, visita guiada polo conxunto do mosteiro.

Memoria da Chaira Enteira

Outeiro de Rei 8.9.2019 Diversos espazos

Cada 8 de setembro, co gallo do cabodano do escritor Manuel María, lévase a cabo este evento en lembranza ao poeta da Terra Chá. Organizado pola Irmandade Manuel María e Asociación Cultural Xermolos, o programa inclúe xantar de irmandade, recital poético, música e a xa tradicional entrega da Navalla Manuel María, este ano a Xosé Estévez por Branca Pazos, e de xeito póstumo a Xabier P. Docampo, na man da súa familia.

Visita guiada á exposición

Compostela Até 18.9.2019 Museo do Pobo Galego 17.30h

Últimos días para visitar a expo “Galicia máxica: reportaxe dun mundo desaparecido” da man do comisario David Conde Lourido. Será nas cuartas feiras, 11 e 18 de setembro, previa inscrición.

N+1

O Barco de Valdeorras 8.9.2019 Na rúa 19.00h

Circanelo é un espectáculo de novo circo, a cargo de N+1, unha peza de teatro xestual, danza e acrobacia nun mundo de emocións, xogo e improvisación.

O rural, tarefas e lembranzas

San Sadurniño Até 20.9.2019 Casa do Concello

Arados, caínzos, picañas e peneiras ocupan a galería e mailo patio interior da Casa do Concello de San Sadurniño. Medio cento de apeiros protagonizan a exposición “O rural, tarefas e lembranzas”, acompañados ademais con fotografías antigas das tarefas que se desenvolvían antano. A mostra, aberta até o 20 de setembro, asenta con horarios ampliados: de segunda a sexta feira de 9 a 18.00h. e os sábados e domingos de 10 a 14.00h.

Comentarios