A Herdança Negada
Compostela
Gentalha do Pichel
4-5.4.2019
As VI Jornadas de Análise para o Ensino Popular centram-se na transmissom familiar da língua, nas experiências e desafios envolvidos neste processo.
Homenaxe a Paco Souto
Arteixo
Melandrainas Creativa
5.4.2019
21.00-22.30h
Recital poético e proxección dunha peza de audiovisual inédita de Paco Souto e a súa nai Mucha, avance en exclusiva do documental "12 Leiras", da autoría de Xosé Antón Bocixa e Xabier Maceiras.
Debate-coloquio política
Compostela
Museo das Peregrinacións
4.4.2019
19.30h
O Galo organiza un debate-coloquio sobre as eleccións xerais con representantes do PP, PSOE, En Común-Podemos, Ciudadanos, BNG e En Marea. Modera María Obelleiro, directora de Sermos Galiza.
Mulleres da raia
Pontevedra
Teatro Principal
5.4.2019
21.00h
Proxección de “Mulleres da Raia” (Diana Gonçalves, 2009, 42 min.), coa presenza da directora nunha sesión adulta de cinema no XX Salón do Libro.
Grupo de Música Antiga 1500
Redondela
Auditorio Municipal da Xunqueira
6.4.2019
20.00h
Amor e danza na Europa das nacións. Unha viaxe musical de ida e volta desde a Península Ibérica pola Europa do Renacemento.
Xacarandaina celebra 40 anos
A Coruña
Teatro Colón
6.4.2019
20.30h
Xacarandaina celebra os seus 40 anos de música tradicional cunha gala este sábado 6 de abril na que, ademais de presentar un novo disco, contarán cun espectáculo onde participarán máis de 50 artistas entre pandereteiras, músicos, cantareiras e coro. Xacarandaina é hoxe un dos máis importantes e o máis premiado grupo de música e baile tradicional. A festa será no Teatro Colón (A Coruña), ás 20.30h.
Falar por falar, de Volta e Dálle
Ribadeo
Auditorio Municipal Hernán Naval
7.4.2019
20.00h
Un actor nado no rural e un dramaturgo procedente dun medio urbano confrontan en clave retranqueira as súas vivencias e reflexións persoais arredor da lingua galega.
Redes contra a política do espolio
Santiago de Compostela
Teatro Principal
8.4.2019
20.00-22.00h
Proxección desta reportaxe documental realizada por Xosé A. Bocixa Rei coa colaboración de Nós Televisión que reúne testemuñas de oito plataformas sociais, repartidos en máis de doce concellos da contorna de Compostela, que enfrontan e resisten, mediante a organización cidadá, as consecuencias medio ambientais que ocasionan diversas empresas da comarca.
Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Pontevedra
Diversos espazos
Até 12.4.2019
Continúa no Salón do libro de Pontevedra coa lusofonía como cultura convidada, con teatro, obradoiros de creación e espectáculos musicais para todos os públicos.
Nos dominios da urxencia
A Coruña
Fundación Luís Seoane
Até 30.6.2019
A Fundación Luís Seoane vén de inaugurar a exposición Nos dominios da urxencia. Arte e sociedade na Coruña da Transición (1973-1986), unha exposición sobre as manifestacións artísticas e culturais realizadas na Coruña durante o período sinalado por colectivos como Sisga, A Carón, Galga, Novos Fotógrafos Coruñeses e Gruporzán, unha etapa que coincidiu con cambios sociais, urbanísticos e políticos que a transformaron radicalmente a cidade.