Imprimir

Fin das xornadas de feminismo poscolonial camiñando entre música, teatro e poesía

Redacción | 03 de novembro de 2019

Estatua das dúas Marías na Alameda de Compostela
Estatua das dúas Marías na Alameda de Compostela

A asociación cultural O Galo organiza o 9 de novembro un roteiro guiado por Eli Ríos e Alba María

O 9 de novembro, ás 12.00 horas, a asociación O Galo porá o punto e final ás xornadas “Noutrén: Feminismo poscolonial” cun roteiro en Santiago de Compostela. O punto de partida será a praza 8 de marzo, coa escritora Eli Ríos e a cantante e regueifeira Alba María guiando os pasos das camiñantes. Entre parada e parada sucederanse actuacións da man de artistas galegas.

A actriz Mónica Caamaño interpretará o Monólogo de Morgana de Begoña Caamaño. Laura Lamontagne recitará o poema rosaliano A xustiza pola man. Alba María interpretará a Cantiga de Coralia e Maruxa e a Cantiga tradicional das leiteiras. A maiores, Mai Insua e Laura Lamontagne representarán o monólogo Sancha e María, e Alba María porá o peche ao roteiro cantando o Himno das Mulleres.

A derradeira charla do ciclo “Noutrén: Feminismo poscolonial. Descolonizando corpos e territorio” terá lugar o 6 de novembro, ás 20.00 horas, na casa do Taberneiro da rúa de San Pedro. Baixo o título A soberanía feminista, estratexias, conversarán Iraitz Agirre, representante de Euskal Erriko Bilgune, Ximena Gonzalez, activista e participante da Marcha Mundial das Mulleres, e a escritora e tradutora María Reimóndez.

As palestras son de libre acceso, mentres que para o roteiro cómpre inscribirse no enderezo [email protected], pois as prazas son limitadas.

 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/fin-das-xornadas-feminismo-poscolonial-caminando-compostela-musica-teatro-poesia/20191103112040086216.html


© 2020 Nós Diario