As Fillas de Breogán, campioas do torneo ibérico de fútbol gaélico por terceiro ano consecutivo

Na final derrotaron o Estrela Vermelha, que tamén chegou á final na  categoría masculina, onde os vencedores foron Madrid Harps.

fillas de breogán futbol gaélico

As Fillas de Breogán proclamáronse por terceiro ano consecutivo campioas de Iberia de fútbol gaélico.  Capitaneadas por Laura, elixida mellor xogadora do torneo, as Fillas impuxéronse fronte a unhas Estrela Vermelha  que, por vez primeira, chegaron á final. O terceiro posto foi para as Herdeiras de Dhais. A equipa feminina coruñesa suma, deste xeito, 3 ligas, 1 copa e 3 campionatos de Iberia en 3 anos que, xunto ao subcampionato europeo.

Pola súa banda, o Campionato Ibérico na súa modalidade masculina viaxará, por quinto ano consecutivo, a Madrid, que suma xa 9 títulos. Os Harps derrotaron na final o compostelán  Estrela Vermelha .Os Irmandinhos acabaron terceiros.

O Campionato Ibérico supón o punto e final á temporada 2017-2018 de fútbol gaélico

Comentarios