Os días 10, 11 e 12 de agosto

O Festival Reina Loba celebra a súa terceira edición

O Festival Reina Loba terá lugar os días 10, 11 e 12 de agosto nos Blancos. Tres días de artes, música e ecoloxía nun entorno natural privilexiado á beira do parque natural da Serra do Xurés.

14117730_1062241917226672_6563406327036856115_n
photo_camera Habelas Hainas no Festival Reina Loba 2016

Este festival celebra este ano a súa terceira edición. Unha xuntanza na que arte e ecoloxía serán o fío condutor. Pedro Pastor & Los locos descalzos, Chotokoeu, Muerdo e Club del Río serán algúns dos grupos que participarán este ano.

Sempre dende unha visión ecoloxista e artística,  terán lugar debates e numerosos obradoiros sobre temas moi diversos como a arquitectura téxtil ou os xogos tradicionais. As mañás da quinta e sexta feira faranse ademais aulas de ioga.

O festival conta con dúas zonas de acampadas situadas á sombra de castiñeiros centenarios. Ambas son gratuítas e contan con zonas habilitadas para lavarse con tornas de auga, xabóns ecolóxicos e baños secos.  

Este proxecto finánciase de xeito colectivo a través de crowdfounding e parte da asociación cultural e artística Espacio Matrioska que busca promover as artes en todas as súas vertentes e vincular o medio rural e as cidades. 

Máis información sobre o festival aquí.

Comentarios