Ferroatlántica retira o ERTE

Logrou na poxa de interrumpibilidade potencia para activar dous fornos máis.

ferroatlantica

Ferroatlántica non vai aplicar o o expediente temporal de regulación de emprego (ERTE) que anunciara en febreiro pasado. Así o anunciou a empresa após lograr na poxa de interrumpibilidad potencia para activar dous fornos máis no seu complexo de Cee e Dumbría.

Un Expediente de regulación de emprego (ERE) de dous anos de duración, até 2012. Esa foi a proposta que a dirección de Ferroatlántica puxo en febreiro sobre a mesa e dirixida a todas as factorías do Estado. A dirección alegaba para aplicar esta medida a existencia de causas obxectivas como, indicaba, a acumulación de perdas durante os últimos tres trimestres.

O Grupo Villar Mir vendeu o complexo Cee-Dumbría e as centrais de Xallas ao fondo TPG Sixth Sreet Partner en alianza coa española Ithaka por 170 millóns de euros.

A operación supón o traspaso de dez plantas hidroeléctricas cunha potencia de xeración de 167 megavatios e da factoría de ferroaleacións de Cee-Dumbría. Fica fóra a planta de Sabón, especializada en producir silicio de metal.

Comentarios