Ferroatlántica recorre perante o TSXG a negativa da Xunta a segregar as súas actividades

Ferroatlantica

Ferroatlántica anuncia mediante un comunicado a interposición ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) dun recurso contencioso-administrativo contra a resolución da Xunta que lle denegou a segregación da actividade hidroeléctrica da de ferroaliaxe que desenvolve na Costa da Morte, un paso que pretendía a venda das centrais hidroeléctricas.

Unha vez esgotada a vía administrativa, a empresa decidiu recorrer a decisión da Xunta ante o alto tribunal galego "para facer valer os seus dereitos", afirma. Lembra, ademais, que dous catedráticos de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago concluíron que a administración galega "carecía de base xurídica para negarse á petición da compañía", de maneira que, ao facelo, "incorreu nunha arbitrariedade"

A compañía sostén que a negativa a segregar as actividades "non se aten, por anacrónica, á realidade industrial da empresa ".

Comentarios