Fernando Vázquez renova co Deportivo por 2 temporadas con opción a unha máis

Tras varias reunións mantidas esta semana co presidente deportivista, o de Castrofeito tería acadado un acordo, polo cal adestrará o club coruñés as dúas vindeiras temporadas, con opción a unha terceira

Fernando Vázquez
photo_camera Fernando Vázquez

Era o desexo da afección deportivista, á que Vázquez engaiolou desde o seu desembarco no club, e semella que xa é unha realidade: Fernando Vázquez seguirá no banco do Deportivo da Coruña. En principio, por dúas temporadas mais con opción a unha terceira. Así o anuncia a sección de deportes da Radio Galega, e outras como Cadea Cope en Galiza.

Fernando Vázquez xa expresou a súa intención de que o Deportivo aposte a serio pola canteira, un camiño semellante ao seguido polo Celta e que lle mereceu ao equipo do sur de Galiza os parabéns de iconas do deportivismo como Fran.

Ascenso

O acordo, pois, consistiría en que o de Castrofeito adestraría dúas temporadas máis aos coruñeses e, de atinxir o ascenso, tería opción a facelo unha terceira.

Comentarios