Fernández de Sousa tentou evadir catro millóns a unha conta de China

A través dunha conta en Portugal, Fernández de Sousa e a súa muller querían transferir catro millóns de euros a un banco da China. Ao coñecer o intento de evasión, o xuíz Eloy Velasco bloqueou todas as contas a nome do ex-presidente de Pescanova e a súa muller. A operación, que se ía desenvolver seis días despois de admitirse a primeira denuncia contra de Sousa, foi abortada polas autoridades lusas. 

Fernández de Sousa
photo_camera Sousa

Primeiro, a través a súa muller, abriu unha conta en Portugal tan só seis días despois de que se admitise a trámite a denuncia contra o que fora presidente de Pescanova. Despois, trataron de transferir a un banco de China, a través da conta lusa, máis de catro millóns de euros. A operación foi abortada ao seren detectados pola Unidade de Inteligéncia Financeira de Portugal que bloqueou a transferencia 

A conta portuguesa estaba aberta a nome da sociedade Quinta do Sobreiro S.L. da que Fernández de Sousa é administrador único, á que se transferiron os cartos provintes da sociedade Kiwi España S.A.  Desde aí, deuse orde á transferencia para seren abonados nunha conta nun banco de China do que era titular Rosario Andrade, a muller de Fernández de Sousa. As autoridades portuguesas notificaron o movemento e bloquearon o traspase de cartos ao banco chinés

Comentarios