O presidente da Xunta recoñeceu que sería mellor non celebrar reunións familiares en Nadal. Xuntanzas que autorizou o seu propio Goberno.
Afirmouno Núñez Feixoo nunha entrevista na Cadena Ser, na que tamén anunciou que se aveciñan semanas moi duras e que, probabelmente, haxa que adoptar novas restricións.
Nese sentido, esta terza feira reúnese o comité clínico e o Goberno galego xa indicou que esas restricións poderían afectar de novo ao sector hostaleiro. Un sector que se sinte agraviado polas medidas do Executivo e que lamenta a falla de axudas reais.
Ante o preocupante aumento de casos de coronavirus, o presidente da Xunta recoñeceu que sería mellor non celebrar reunións familiares en Nadal. Defendeu, iso si, que o plan deseñouse tendo en conta os datos, mellores, lembra,na Galiza que no resto do Estado.
Feixoo tamén advertiu de que as próximas semanas serán decisivas para conter a terceira onda da Covid. O presidente galego confía, ademais, en que a finais de xaneiro a situación comece a mellorar.
De momento, dixo, a Xunta non é partidaria dun confinamento xeral da poboación e desbota, por tanto, solicitar ao Goberno esa medida.