Imprimir

Feixoo sitúa o ex conselleiro de Sanidade Vázquez Almuiña na presidencia do Porto de Vigo

Redacción / Europa Press | 19 de novembro de 2020

Feixoo e Almuiña nun centro hospitalario
Feixoo e Almuiña nun centro hospitalario

O relevo de López Veiga, actual presidente, producirase de modo "inminente"

O ex conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, substituirá Enrique López Veiga á fronte da presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo de modo "inminente".

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da Xunta, este relevo producirase proximamente tras a publicación do novo nomeamento no Boletín Oficial del Estado (BOE) e o Diario Oficial de Galiza (DOG).

Deste modo, López Veiga, que accedeu á presidencia do Porto de Vigo en 2015, será substituído por Vázquez Almuiña, que até o comezo da nova lexislatura foi titular do departamento de Sanidade, que agora dirixe Julio García Comesaña.

Por outra banda, a presidencia da Autoridade Portuaria da Coruña tamén será renovada. Así, o concelleiro no consistorio coruñés e deputado do PP no Parlamento galego, Martín Fernández Prado, substituirá Enrique Losada, quen estivo á fronte desta responsabilidade durante un dez anos despois de asumir a substitución de Macario Fernández-Alonso.

AS autoridades portuarias entran no marco de competencias do Estado, a través de Puertos del Estado (Ministerio de Fomento), mais o nomeamento dos seus presidentes cédese á Xunta. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/feixoo-situa-ex-conselleiro-sanidade-vazquez-almuina-presidencia-do-porto-vigo/20201119133455109387.html


© 2020 Nós Diario