Plan estratéxico para 2021

A Xunta gastará “como mínimo” 247 millóns de euros no Xacobeo 2021

Alberto Núñez Feixoo pide ás galegas e galegos "dar o mellor de si" para que o Xacobeo sexa un punto de inflexión na historia. O presidente da Xunta apresentou o Plan Estratéxico do Xacobeo e afirmou que a celebración é unha grande oportunidade para amosar o potencial "relixioso, cultural e turístico", pero tamén "económico e social" da Galiza.

Feixoo na apresentación do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021
photo_camera Feixoo na apresentación do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021

Na apresentación pública do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021 da Xunta de Galiza, o presidente Alberto Núñez Feixoo pediu "implicación" a toda a sociedade e chamou a aproveitar a “oportunidade” de que, após 11 anos sen “cita xacobea”, nunha década haberá tres, polo que afirmou que estamos ante "o Xacobeo dos 5.000 días”.

A Xunta gastará "como mínimo" 247 millóns de euros, "o triplo que no anterior Ano Santo", afirmou o presidente

Máis de 700 persoas asistiron á presentación do Plan Xacobeo, entre as que se atopaban membros de asociacións xacobeas, culturais e alcaldes e alcaldesas de concellos galegos polos que transcorre o Camiño de Santiago. Tamén estivo presente o rexedor de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, quen na campaña situou a cuestión Xacobea como eixe fundamental do seu programa para Compostela.

Feixoo ve no Xacobeo unha oportunidade de incrementar o "potencial relixioso, cultural e turístico" da Galiza.

Nese sentido, o alcalde interveu no acto salientando que é "moi positivo" a creación deste Plan con tanta antelación, e esperou que Compostela reciba en 2021 "máis de 10 millóns de visitantes", dos cales "500.000 ou 600.000 serán peregrinos".

Para Bugallo, o Xacobeo 2021 é "un enorme reto", polo que a responsabilidade do goberno local é "deixarse a pel" para ter unha cidade "limpa, acolledora e segura", porque "10 millóns de persoas satisfeitas son a mellor campaña publicitaria".

Para Bugallo, o Xacobeo 2021 é "un enorme reto", polo que a responsabilidade do goberno local é "deixarse a pel" para ter unha cidade "limpa, acolledora e segura"

"O Xacobeo é unha copropiedade que todos compartimos. Esa é a súa principal virtude e a súa forza radica aí", subliñou Feixoo, quen pediu a todas as galegas e galegos que "dean o mellor de si" para que esta "década Xacobea" sexa un "punto de inflexión" na historia contemporánea da Galiza.

A Galiza, “un sitio tranquilo”

"Hospitalidade" e "calidade de atención" son as pezas básicas que as galegas e galegos debemos transmitir, segundo sinalou Feixoo. Salientou así que as persoas que veñan de turismo a Galiza han de levar a percepción do noso país como "un sitio tranquilo e cos mellores produtos e o mellor trato".

"Hospitalidade" e "calidade de atención" son as pezas básicas que as galegas e galegos debemos transmitir, segundo sinalou Feixoo

Máis de 600 persoas colaboraron coa creación do Plan, segundo informou Feixoo, no que se recolle que a Xunta gastará "como mínimo" 247 millóns de euros, "o triplo que no anterior Ano Santo", afirmou o presidente, e engadiu que a cantidade poderá incrementar "unha vez que se despexe o escenario político “.

Feixoo ve na celebración do Xacobeo unha oportunidade de incrementar o "potencial relixioso, cultural e turístico", pero tamén "económico e social" da Galiza.

O deán da Catedral de Santiago de Compostela, Segundo Pérez López, insistiu na "dimensión espiritual" do Camiño

"Ás veces corre o risco de ser tapada", dixo na apresentación da estratexia o deán da Catedral de Santiago en alusión á dimensión espiritual do Camiño. "Se non hai esa referencia todo pódese diluír. Segundo sobe, baixa", indicou, mentres explicaba que "a dimensión laicista rebaixou enormemente os peregrinos franceses".

Comentarios