Feixoo sobre a ‘Lei Celaá’: "Na Galiza seguiremos aplicando o castelán como lingua vehicular "

Advertiu que, para os 'populares', o castelán segue sendo o idioma  vehicular do ensino, "a pesar do que poida incluír o texto da LOMLOE".
Feixoo após un Consello da Xunta.
photo_camera Feixoo após un Consello da Xunta.

O presidente da Xunta, Núñez Feixoo, afirmou esta sexta feira nunha entrevista en Onda Cero que na Galiza o español vai ser lingua vehicularAsí, avisou que no territorio que preside “seguirá aplicando o castelán como lingua  vehicular” ao entender que teñen as "competencias" necesarias para facelo, a pesar do establecido na 'Lei  Celaá'.

O presidente galego asegurou que o PP é un "partido democrático" e, por tanto, cumprirá coa reforma do ensino que foi aprobada esta quinta feira no Congreso.

Agora ben, advertiu que, para os 'populares', o castelán segue sendo o idioma  vehicular do ensino, a pesar do que poida incluír o texto da  LOMLOE. "Dentro das competencias constitucionais, en canto ás nosas, aquí hai un  bilingüismo harmónico. Aquí hai un 50%-50% e ímolo a seguir facendo", asegurou.

As declaracións de Feixoo son un paso máis na aposta do PP nestas semanas por retormar o conflito lingüítico nas aulas

Lei Orgánica de Modificación da LOE (Lomloe), coñecida como Lei Celaá, en fase tramitación no Congreso, vén de eliminar o castelán como lingua vehicular no ensino, unha mudanza que deixa en mans das Administracións educativas a escolla da lingua vehicular e a garantía do "dereito dos alumnos e as alumnas a recibir ensinanzas en castelán e nas demais linguas cooficiais nos seus respectivos territorios, de conformidade coa Constitución Española, os Estatutos de Autonomía e a normativa aplicábel".

PP, Ciudadanos e Vox iniciaton unha ofensiva baixo a chamada de que o español está en risco de desaparecer pola "imposición" de galego, vasco e catalán. 

Queremos Galego chama a responder

A Mesa chama a responder nas redes sociais a estas declaracións de Núñez Feixoo. Así, chama a que a partir das 20:00 horas desta sexta feira se mova o cancelo #Ogalegoune e #Queremosgalego nas redes sociais. "Nunca máis Gobernos contra o galego", demandan. 

Comentarios