Unha cita ineludíbel do verán

A Feira Franca “máis numerosa”

Pontevedra acolleu no día de onte a Feira Franca “máis numerosa” que lembra a organización, que cualifica a xornada de “espectacular e fantástica”.

[Imaxe: @pontevedraviva]
photo_camera [Imaxe: @pontevedraviva]

O día posterior á celebración da Feira Franca o Concello de Pontevedra non se atreve a ofrecer un número determinado de persoas asistentes ao festexo, mais a organización, o Consello da Feira Franca, sinala que é “a máis numerosa” que lembra.

Nun comunicado de prensa, o Concello afirma que todas as actividades “estiveron ateigadas de xente” e o espectáculo de xustas medievais que acolleu a praza de touros “tivo que colgar o cartel de completo nos dous pases”.

No que respecta ás medidas de seguridade, a organización salienta que toda a Feira Franca se desenvolveu “con absoluta normalidade, sendo un éxito a súa coordinación”. A Feira Franca xa se converteu nunha das citas do verán en Galiza.

Comentarios