Feijóo: “Hai autonomías que queren ser nación e se o fosen xa estarían intervidas”

O presidente da Xunta manifestou en Madrid que non alberga dúbidas de que o Goberno español intervirá naquelas comunidades en que “haxa motivo para iso”.
Rajoy e Feijóo
photo_camera Rajoy e Feijóo

De novo en Madrid e de novo perante os medios de comunicación da capital do Estado. O presidente da Xunta aproveitou a súa escala na ‘Villa y Corte’ de volta da súa xira por congresos rexionais do PP para facer de voceiro do executivo central e avisar de que este non dubidará en intervir aquelas comunidades autonomas en que “haxa motivo”. Declaracións que aproveitou para defender a importancia de cumprir cos obxectivos de déficit. "Hai comunidades autónomas que queren ser nación e se fosen nación estarían intervidas", sostivo preguntado polas que considera que están en peor situación.

Durante a súa intervención nos almorzos informativos de Europa Press, Feijóo despachou así a situación económica dalgunhas autonomías, aínda que esquivou citar expresamente algunha e aludiu á súa condición de “gallego” para non facelo.

Alén diso, Núñez Feijóo puxo Galiza como exemplo para acadar a recuperación económica e defendeu o Estado das Autonomías, ademáis de culpar o executivo de Rodríguez Zapatero da mala financiación das comunidades.

Comentarios