Feijóo foxe a Bruxelas o mesmo día en que comezan as declaración da 'Zeta'

O presidente da Xunta sae de viaxe na mesma data en que o principal acusado dunha trama que afecta á súa contorna -o empresario Gerardo Crespo- declara por primeira vez nos xulgados, disposto a “contar todo”.

feijóo
photo_camera Feijóo

“Teño probas da implicación da conselleira de Traballo Beatriz Mato e do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e presentareinas no xulgado pero pouco a pouco, xa que podo declarar varias veces”. Así -segundo dixo ao diario La Opinión- afronta o empresario Gerardo Crespo a súa primeira declaración ante a xuíz a respecto da Operación Zeta, unha presunta trama de cursos fraudulentos e pagos irregulares a gobernantes que podería alcanzar de xeito escandaloso á Xunta de Galiza do PP. 

Crespo declara na Coruña esta segunda-feira pola mañá. Sempre defendeu a implicación do presidente da Xunta e tamén do mellor amigo do líder popular, Pachi Lucas, que sería o seu conseguidor de contratos. Case 30 persoas máis terán que prestar testemuña por este asunto. 

E, curiosamente, o mesmo día no que regresará á primeira liña da actualidade un caso de presunta corrupción que atinxe a Xunta, o seu presidente marcha de Galiza. Núñez Feijóo desprazase a Bruxelas, onde vai manter reunións cos comisarios de Medio Ambiente, Asuntos Marítimos e Pesca e o de Política Rexional da UE, cos que tratará cuestións de fondos comunitarios, segundo informou o goberno galego.

Comentarios