Integrantes do comité de empresa de Alcoa na factoría da Coruña fecháronse na Delegación do Goberno español. O presidente do Comité, Juan Carlos Corbacho, explicou que este feche quer instar o executivo central a que adopte as medidas necesarias para garantir os empregos na fábrica.
“Ante os incumprimentos do goberno e das administracións autonómicas decidimos fecharnos”, indicou, engadindo que este fechamento ten carácter indefinido “até que non se acometan as garantías e avais suficientes” para que o proxecto que hai para comprar esta factoría sexa “de futuro” e garanta os postos de traballo."Sentimonos enganados", dixo.
Corbacho tamén fixo un chamamento á mobilización para apoiar as demanadas dos traballadores e traballadoras. Ás portas da Delegación, traballadores e traballadoras de Alcoa están concentrados en apoio os seus compañeiros pechados, e para esixir a aprobación do estatuto do consumidor electrointensivo que o Goberno se comprometera a ter listo antes das eleccións xerais.
Por unha solución para o aluminio da Coruña pechamonos na @DelGobGalicia para esixir unha solución! @LaraVivero @vocescoruna @RadioCoruna pic.twitter.com/fquex9qLOU
— TraballadorDeAlcoa (@TraballadoAlcoa) June 18, 2019