Feche das cafeterías do Hospital Clínico de Santiago contra o acoso laboral

cafeteria chus greve

As cafeterías do hospital Clínico permaneceron esta segunda feira fechadas na primeira xornada de greve convocada pola CIG-Servizos para denunciar o acoso laboral, esixir medidas para previlo, demandar a inmediata retirada das cámaras de vixilancia e máis persoal para que se reduza a carga de traballo.

Coincidindo co paro, que foi secundado polo 100% das traballadoras e traballadores, o persoal concentrouse diante da entrada principal do hospital para denunciar que "Aramark (é) culpable e o Sergas, responsable".

O representante da CIG-Servizos, Aitor Sebio, sinala que tanto a empresa concesionaria como o seu xerente, veñen de ser condenados por acoso laboral contra unha traballadora, que é ademais a presidenta do comité de empresa.

Comentarios