O diario estadounidense sinala que o director do FBI por aquel entón, J. Edgar Hoover, ordenou a apertura dun expediente sobre García Márquez cando se instalou en Manhattan xunto a súa dona e o seu fillo e pretendía abrir unha oficina de Prensa Latina, unha axencia de noticias cubana. O FBI puido ver nesta intención de García Márquez unha contribución ao Goberno de Fidel Castro, a quen o unían lazos de amizade.
O pagamento de 200 dólares para custear unha estancia nun hotel foi un dos feitos que recollen as 137 páxinas desclasificadas polo FBI. The Washington Post informa de que o expediente sobre o escritor colombiano conta con 133 páxinas que aínda non viron a luz. Este documento contaría cos testemuños de nove persoas que se encargaban de seguir de perto a vida da familia.