Imprimir

Falece Teresa Mlawer, referente da LIX en América de orixe galega

Redacción | 22 de marzo de 2020

Teresa Mlawer
Teresa Mlawer

Editora e tradutora, naceu na Guarda

Pesar no mundo da literatura pola pasamento de Teresa Mlawer, nome imprescindíbel na literatura infantil e xuvenil de América e que tiña as súas raíces na Galiza. Naceu na Guarda e con catro anos levárona para a Habana (Cuba).

Desde a editorial Kalandraka lembran que “nunca esqueceu as súas raíces” e que estaba recoñecida como unha das figuras “máis importantes da LIX en América”.

Foi pioneira na publicación de libros en español en Estados Unidos, tradutora de máis de 250 obras e buque insignia da libraría, editorial e distribuidora 'Lectorum', un referente nos campos de LIX e de animación á lectura.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/falece-teresa-mlawer-referente-da-lix-america-orixe-galega/20200322122759093581.html


© 2020 Nós Diario