Un home faleceu á última hora da mañá deste sábado despois de caerlle encima un palé cargado mentres traballaba, informa Europa Press.
O accidente laboral aconteceu no municipio do Porriño (Vigo), segundo informou o 112 Galiza, que tamén precisou que o falecido estaba traballando no Polígono da Granxa.
De momento os efectivos responsábeis investigan o que puido suceder. Até a zona desprazáronse os servizos de Urxencias Sanitarias 061, Garda Civil, os Bombeiros de Baixo Miño, Protección Civil e a Policía Local do municipio.