Falece Manoel Soto, alcalde de Vigo entre 1979 e 1991

O pasamento do primeiro alcalde da cidade olívica en democracia e fundador do PSdeG tivo lugar esta noite logo dun cancro de pulmón. 

 

 

Foto Manuel Soto
photo_camera Manuel Soto, nunha estampa logo de quedar fóra da corporación municipal viguesa en 2007 (Partido Galeguista)

Manoel Soto Ferreiro (Ourense, 1944) faleceu esta noite vítima dun cancro de pulmón á idade de 75 anos. 

Soto desenvolveu unha ampla traxectoria política desde os tempos da clandestinidade, cando foi un dos fundadores do Partido dos Socialistas de Galiza (PSdeG). Baixo esas siglas converteuse no primeiro alcalde de Vigo en democracia, cargo que ostentaría até 1991.

A finais dos anos 90, en 1998, abandonaría as filas socialistas para fundar Progresistas Vigueses, posteriormente coñecido como Democracia Progresista Galega, logrando acta de concelleiro tanto nas eleccións de 1999 como nas de 2003. Catro anos despois, presentaríase baixo as siglas do refundado Partido Galeguista, quedando fóra da Corporación Municipal, o que supuxo o punto final da súa andaina política. 

Comentarios