Falece Elvira Varela Bao, memoria e testemuña das Irmandades

Filla da mestra Elvira Bao e do capitán da mariña Bernardino Varela, membros das Irmandades da Fala. Participou en infinidade de iniciativas de recuperación da memoria histórica. 
Elvira Varela Bao
photo_camera Elvira Varela Bao

Cando xullo 36, Elvira Varela Bao tiña dez anos. Daquel tempo lembrou de por vida a detención da súa nai, a mestra Elvira Bao  e  a persecución a seu pai, o capitán da mariña Bernardino Varela. O medo que pasaron a partir de entón foi para ela e nas súas propias palabras, “inenarrábel”.

Elvira Varela Bao vén de falecer aos 94 anos de idade. Foi testetmuña vida das Irmandades e o galeguismo. Republicana de Honra 2013 nomeada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, participou en infinidade de iniciativas de recuperación da memoria histórica. “Para que aquilo nunca máis se repita”, dicía.  

A súa nai, Elvira Bao, foi presidenta da Agrupación Republicana Feminina e tanto ela como o seu home Bernardino Varela eran membros das Irmandades da Fala.

Nunha entrevista con Nós Diario, afirmaba: “O que fixo toda esta xente non ten prezo, pois non había nada. O que hai agora, todo o que hai, é por eles. Eles puxeron os cimentos e de aí se desenvolveu todo”.

Comentarios