Falece Dorotea Bárcena, un dos nomes clave no teatro galego

Creou algúns dos grupos incipientes do teatro galego dos 70, actuou e dirixiu, dou o salto á TV e cinema, mais nunha esqueceu as táboas teatrais.

Dorotea bárcena
photo_camera Dorotea Bárcena

Faleceu Dorotea Bárcena, nada en Oviedo en 1944 como Adoración Sánchez Bárcena, aos 72 anos de idade. En 1970 abandonou a súa profesión de docente en Vigo para, canda Xulio Lago, crear Esperpento Teatro Xove, que axiña se fixo un nome no incipiente teatro galego que bulía naquela década. A propia Dorotea lembraba nunha entrevista no Faro de Vigo que “as primeiras greves en Vigo coincidiron co teatro máis vangardista”.

Actuou co Teatro do Atlántico, A Factoría Teatro, Centro Dramático Galego, Centro Dramático Nacional ou Teatro da Lúa (que fundaría en 1987). Tamén dirixiu. A súa carreira estendeuse ao cinema, onde participou en fimes como 'Divinas Palabras' e en series de televisión en diferentes cadeas. O seu papel de Amadora no 'Show dos Tonechos', TVG, fíxoa moi coñecida entre o público.

Recibiu diversos recoñecementos e galardóns, como o premio da Crítica de Galiza no apartado de Iniciativas Culturais ou premio Agapi á mellor interpretación feminina. 

Comentarios