Falece 'Billy el Niño', policía torturador durante o franquismo e a transición

A COVID-19 acaba coa vida dun home membro da Brigada Político Social e obxecto de numerosas denuncias por parte das súas vítimas
Billy-El-Niño,-nunha-imaxe-de-arquivo
photo_camera Billy El Niño, nunha imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario).

O expolicía acusado de torturas durante o franquismo Juan Antonio González Pacheco, alias Billy El Niño, faleceu á primeira hora desta mañá nunha clínica madrileña afectado da COVID-19, segundo informou a axencia a Europa  Press.

O pasado 11 de febreiro, un mes antes de decretarse o estado de alarma polo coronavirus, o ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, mostrouse convencido de que se poderían retirar as medallas concedidas a Billy El Niño grazas á nova Lei de Memoria Histórica que presentara o PSOE no Congreso.

Esta foi unha das esixencias de Unidas Podemos desde a moción de censura que levantou á Presidencia do Goberno a Pedro Sánchez. Grande- Marlaska abriu un procedemento para estudar a retirada das medallas, que retomou tras a investidura en xaneiro e a formación do Goberno de coalición.

Historial sanguento

Membro da famosa Brigada Político Social, as súas vítimas interpuxeron numerosas denuncias acusándoo de torturas, pero a Xustiza considerou que os delitos estaban prescritos.

De feito, o pasado verán -meses despois de que a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica desvelase que González Pacheco gozaba dun suplemento de 15% na pensión, logo de que en 1977 lle fose outorgada unha distinción polo daquela ministro da Gobernación Rodolfo Martín Villa-, a illa de San Simón acolleu un acto no que as vítimas do franquismo esixían ao Estado a non prescrición dos delitos de lesa humanidade.


 

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios