As tres faccións da dereita estatal pactan o control da Asemblea de Madrid

Macron talvez non o verá con bos ollos, mais as tres faccións da dereita española (PP, Cs e Vox) alcanzaron un acordo para se facer co control do órgao do goberno da Asemblea de Madrid. Cs accederá á presidencia do parlamento rexional.

vox abascal
photo_camera Acto de Vox en Madrid

Vox dá até por feito que Ciudadanos pida expresamente o voto para a súa candidatura a presidir a Asemblea madrileña, dixo a súa portavoz, a ultra Rocío Monasterio, en declaracións á COPE.

En realidade, e contra o afirmado pola escadra laranxa desde o 26M, Cs xa sentou na mesa negociadora con Vox. Aconteceu o pasado domingo e os interlocutores foron Ignacio Aguado, o ex PP fichado por Rivera, e a propia Monasterio.

O acordo alcanzado esta terza feira foi confirmado polo secretario xeral do PP, Teodoro García Egea, quen explicou que o pacto se estende tamén á asemblea parlamentar de Murcia.

Vox, avanzou García Egea, terá representación nas mesas quer da asemblea madrileña quer da murciana.

Comentarios