O expresidente de Pescanova afirma no xuízo que foi “o maior prexudicado” pola quebra

Manuel Fernández de Sousa, ex presidente de Pescanova, declarouse primeiro responsábel ante o Tribunal dos erros na xestión da compañía. A continuación, esgrimiu que nin a auditora da empresa nin a Comisión Nacional de Mercados e Valores advertiu á compañía pola súa situación financeira. Fronta 28 anos de cárcere por maquillar ás débedas de Pescanova para seguir recibindo financiamento.
O antigo presidente do grupo Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, á dereita no banco de acusados xunto aos máximos responsábeis da empresa entre 2009 e 2013 (Imaxe: Europa Press)
photo_camera O antigo presidente do grupo Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, á dereita no banco de acusados xunto aos máximos responsábeis da empresa entre 2009 e 2013 (Imaxe: Europa Press)
Comentarios