Editorial do Sermos300

O ex militante da Galiza

Feijóo durante o acto de Balance do Goberno do PPdeG na Xunta en Castro de Rei (Lugo)
photo_camera Feixóo, nun acto do PPdeG

Feixóo está a piques de dar o paso para o que se estivo preparando todos estes anos. O paso de aterrar na politica madrileña, da que en realidade nunca estivo ausente-eis temos as súas aparicións estelares en platós cavernarios como os de "El gato al agua"-. O militante da Galiza -así se proclamou enfático na última campaña, el non militaba no PP (marca abondo desacreditada), senón no país- anunciará nos próximos días que aspira a se converter no próximo presidente do PP. Abandonaría así presumibelmente a Xunta e abriría un período de certa interinidade -máis técnica que real, dada a maioría absoluta do PP no Pazo do Hórreo- que desembocaría na sesión de investidura dun novo presidente ou presidenta, con Alfonso Rueda a encabezar todas as apostas.

Até aquí o relato das ambicións biográficas e persoais. Un relato que ten un interese certamente relativo, porque, con independencia de quen dirixa o goberno galego, o continuismo na xestión está garantido. O problema que ten o país non é tanto cos políticos do PP como coas políticas do PP -erradas por non partiren dunha diagnose acaída das enormes dificuldades que enfrontamos como país.

Máis en OPINIÓN
Comentarios