Euskal Herria homenaxea á nai de Manuel Murguía no 207 aniversario do seu nacemento

A Casa da Cultura da vila gipuzkoana de Oiartzun acollerá o 22 e 23 de febreiro unha homenaxe a Concha Murguía Egaña, nai de Manuel Murguía, organizado por este Concello e o Fato Galego Daniel Castelao, de Pasaia

Como vén sendo tradición desde o ano 2000, a Casa de Cultura de Oiartzun, será o escenario onde se realice unha homenaxe a Concha Murguía Egaña, nai de Manuel Murguía. Este edificio foi a casa onde naceu en 1806 Concha Murguía, tendo unha placa en galego e éuscaro, que lembra ese acontecemento.

Os actos desenvolveranse o 22 e 23 de febreiro e consistirán nun recital musical-poético en galego e euscaro, aliás dunha ofrenda floral.

Os actos están organizados polo Concello de Oiartzun e o Fato Cultural Galego Daniel Castelao, de Pasaia.

Comentarios