Opinión

Eufemismos, lampedusismo, nepotismo e outras herbas: a antipolítica

A actual crise do capitalismo ,puxo de moda o uso dos eufemismos(usar outras palabras para que parezan que non siñifican o mesmo) .Así, os recurtes de dereitos ,pasaron a ser axustes , as privatizacions dos servizos públicos , pasaron a ser teito de gasto e a recentralización de competencias cara o goberno central , pasou a ser racionalización .A propaganda (superestructura na teoria marxista) , pasou a un primeiro plano ,eclipsando a información.

Unha vez lanzado este anestesiante ao corpo social ,o capitalismo inicia unha segunda fase,o lampedusismo (cambear todo para que non cambee nada). Así o medio de información máis influinte (a televisión) ,indendentemente do rasgo ideolóxico que vendian (mais sempre español) , escomenzou a mandar as mensaxes para a  venda  do novo  producto .Os partidos naciolistas non existen,todos os partidos son iguais  e xa non nos representan(son casta) ,a corrupción e das persoas,non do partido (e decir do sistema capitalista) .o pobo deixa de ser pobo,deixa de ser clase social ,para convertirse en cidadans(no transito a ser consumidor/a).E decir ,os medios de comunicación social venderon a antipolítica ,xa que esta non lle fai mal o sistema .Todo o contrario,
reforzao.

Os partidos naciolistas non existen,todos os partidos son iguais  e xa non nos representan

Mais ,para que o producto teña boa venda ,e preciso usar as falsas verdades ou os placebos . De feito que os novos partidos políticos vendian como novas e do seu patrimonio , proxectos que xa existian no que eles chamarian “mercado” .Poderiase por mil e un exemplo ; mais para mostra podemos por dous : a banca pública e a defensa dos servizos públicos son de vello ,reinvindiacacions do BNG .Mais a propaganda dominante  fai crer que son novas propostas dos novos partidos .

Para vender ben o producto ,a propaganda ten que por faces e corpos (de esta utilización de faces e corpos na publiciadade sabeno ben as mulleres).De feito que o capitalismo entrou nunha terceria fase ,o nespotismo ( todo para o pobo , pero sen o pobo).Así escomenzaron a porlle face  aos novos partidos .Estes novos lideres e lideresas (menos) , seguindo os madatos dos seus mentores , escomenzaron vender a propagando ,usando mentiras ou no mellor dos casos ,eufe-mismos . Así venden como listas abertas para nomear os candidatos/as ,o que son listas precociña das polas  cupulas para que saian os e as que teñen que sair . Venden que todo ten que ser consultado polas bases (so telemáticamente) ,mais renegan a celebración de asembleas .Claro que esta renuncia non é inocente .Non vaia a ser o demo que nunha asemblea presencial un ou unha ,poñamos por caso , traballador ou traballadora da recollida do lixo , venza dialeticamente a todo un/unha profesora de Cencias Políticas da Complutense de Madrid .Por isto , estes novos partidos queren inscri-
tos/as e non militantes .

Venden que todo ten que ser consultado polas bases (so telemáticamente) ,mais renegan a celebración de asembleas

Certo que para por exemplos de esta nova/vella política non fai falla ir a Madrid. Témolos na nosa nación .Que un grupo de militantes do BNG , a poucos dias após de celebrarse a asemblea xeral de esta organización ,asinen un chamamento pondo de volta o que na asemblea xeral se acordou democraticamente ,siñifica ou que non aceptan os principios democráticos (unha persoa un voto ) ,ou que o montante dos/das militantes do BNG , son persoas de poucas luces que precisan ser guiados por unha cuadrilla de sabios e sabias .Antipolítica en estado puro .        

Atopamonos nas visperas das elecions o Parlamento Galego .o capitalismo entrou na derradeira (que non ultima fase) .Como non temos ismos dos que votar man , a esta fase chamaremoslle “ e outras herbas”.Consiste esta fase en usar a comentaristas de pasado nacionalista (será certa a teoria freudiana de querer matar o pai?).para tentar que o nacionalismo (lease o BNG) ,non acade representación .Así ,os uns  falan de que teñen que ser candidatos/as solventes E decir con mil e unha lizenciaturas e masters ,ainda que carezan de activismo social (absteñanse  os representantes das clases sociais populares ) .Os outros falan de que a xente entendida e progresista ,somente poden votar a En Marea ou a Podemos .Elitismo puro , e decir ,de novo a antipolítica(os pastores/as sabios/as e a masas aborregadas). Supoño que os que votamos ,por exemplo. O BNG,cando temos un libro na man ,non o lemos ,miramos os  santos .Se  cadra , a estes comentaristas habeira que preguntarlle :cando votabas o BNG eras xente entendida ou mirabas os santos dos libros ?

Cando se está diante de un producto ,non conven so fiarse da propaganda.E aconsellábel ler a composición ,os ingredentes ou os efectos secundarios do producto .E como de propanda falamos , temen conver ler se o producto está feito en Galiza ou alén das nosas fronteiras.

Comentarios