Subtitulado Máscaras, personaxes e rituais, a obra baséase, explica o xurado, “nun extenso traballo de campo, unha catalogación dos personaxes e figuras do entroido e das festas de inverno ourensás”. “O traballo poderá ser moi interesante para un coñecemento das figuras que protagonizan estas festividades”, engade o fallo.
Carlos Xabier Ares Pérez publicara numerosos achegamentos ao entroido en xornais ou publicacións periódicas. Escribiu ademais varias contribucións á historia da súa localidade natal, Viana do Bolo, onde a máscara tradicional é o boteiro.
O xurado da XXIII edición do premio Vicente Risco formárono Luzia Oca, da Universidade de Tas-os-Montes; António Carlos Gomes, do mesmo centro; Teresa Devesa, polo Concello de Allariz -sede da fundación-; Manuel Carrete, polo de Castro Caldeas; e con José María Eguileta, da fundación, como secretario.
Nota: o investigador Carlos Xabier Ares Pérez.