O Estado español deixou sen gastar 14% dos fondos de apoio á viticultura

A Asociación Galega de Viticultura (AGV-Fruga) considérao unha mostra da falla de interese polo sector e contrapón a implicación de gobernos como o francés ou italiano.

[Imaxe: Galipedia] Viñas de albariño
photo_camera [Imaxe: Galipedia] Viñas de albariño

O goberno español deixou sen executar 14% dos fondos que ten asignados no marco dos Programas de apoio ao sector vitivinícola. É a denuncia que fai a Asociación Galega de Viticultura (AGV-Fruga), que contrapón esa falla de execución co que acontece noutros estados onde o viño é un importante sector económico e de emprego.

Así, indica a AGV, Italia deixou sen executar só 8% deses fondos e Francia investiunos todos. Para esta asociación, ponse de manifesto “a ineficacia do modelo de xestión español e o desinterese polo desenvolvemento tanto a nivel estatal como galego”.

Dos fondos para restauración do viñedo, “unha das maiores demandas do sector”, investíronse 63 millóns de euros, “por 114 millóns de Italia e 107 millóns de Italia”. No apartado de investimentos o Estado español deixou 30% sen executar, afirma a AGV.

O colectivo aproveita para rexeitar “a xestión feita” por Ministerio e Consellaría no que respecta ao sector vitivinícola galego.

Comentarios