A Estación Espacial Internacional (ISS) pasará ás 22:49 horas deste sábado, 3 de agosto, sobre Galiza. “A ISS aparece como un pequeno punto branco que se move polo ceo a grande velocidade, xa que esta nave orbita arredor da Terra a uns 400 quilómetros de altura, a unha velocidade de 28.000 quilómetros por hora (preto de 8 km/s)”, explican en GCCiencia.
O portal de divulgación lembra que a tripulación do maior laboratorio orbital construido polo ser humano está formada por seis astronautas, cinco homes e unha muller. Un deles, Ignazio Magnani, anunciaba a través da súa conta de twitter o paso da ISS sobre o noso país.
Non é a primeira vez que a Estación cruza o ceo galego mais sempre, se a visibilidade o permite, é un espectáculo. A mellor visión, desde terreos elevados e afastados da contaminación lumínica.
🇪🇸🇪🇺 ¡Galicia!
— Ignazio Magnani (@IgnazioMagnani) August 3, 2019
La Estación Espacial Internacional se podrá ver hoy a simple vista (si las nubes lo permiten) en todas partes a las 22:49 hrs.
Consejo: ⏰
pon la alarma
👩🚀 Tripulación 60 >https://t.co/fI01cZcyfB
🇪🇺 Yo >https://t.co/AvRlduSsQp pic.twitter.com/4EmmzfIzPk