Esquerda Unida pide "refundar a Unidade Popular" en Galiza

Aposta en repetir para o 28A a fórmula das anteriores eleccións xerais, con Podemos e Anova.

XII asemblea de Esquerda Unida. Imaxe de EU
photo_camera XII asemblea de Esquerda Unida. Imaxe de EU

Esquerda Unida anuncia a través dun comunicado que iniciou os “contactos” cos “espazos políticos” cos que traballa desde “a creación de AGE” e as candidaturas municipalistas, é dicir Anova e Podemos, de cara ao 28A. O adianto das eleccións xerais e a inminencia das municipais, obriga, afirma esta formación, a “recuperar o descrito na declaración de Mazarelos”, o pacto do que naceu a coligazón de Esquerda Unida, Podemos e Anova para se presentar ao Congreso.


Considera EU “especialmente importante” articular un “proceso de refundación da unidade popular en Galiza”. Nesta liña, di que aposta polo “diálogo fraterno coas outras forzas de esquerda coas que demos luz á confluencia dos anteriores procesos”.

Entende EU que cómpre "unha proposta clara dende a óptica da esquerda" que sirva para facer fronte ao empobrecemento, precariedade laboral e emigración.

Comentarios