Imprimir

Esquerda Unida chama a se sumar ás mobilizacións de Queremos Galego

Redacción | 16 de maio de 2019

A coordinadora nacional de Esquerda Unida Eva Solla. Foto: cedida.
A coordinadora nacional de Esquerda Unida Eva Solla. Foto: cedida.

Esquerda Unida chamou esta quinta feira a se sumar ás mobilizacións convocadas por Queremos Galego para reivindicar “liberdade, xustiza e igualdade” para a lingua propia de Galiza este 17 de maio en 13 cidades e vilas do país. “É unha chamada a prol do galego e ten que persistir os 365 días do ano”, afirmou a súa coordinadora nacional e deputada de En Marea Eva Solla.
 

Solla lembrou datos da Real Academia Galega e o Instituto Galego de Estatística para alertar da “perda moi acelerada de falantes de galego, especialmente de nenas e nenos”. O 10% menos de persoas co galego como lingua preferente na última década é tamén motivo de alarma.

 

A líder de Esquerda Unida cargou contra as políticas lingüísticas de Alberto Núñez Feixoo e o PP e relacionounas coas de Pablo Casado. Contra esa situación, expuxo a necesidade dun “Goberno que fomente as políticas de aprendizaxe do galego en escolas primarias e institutos e que entenda que o seu uso ten que ser unha realidade en todas as esferas”. 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/lingua/esquerda-unida-chama-sumar-mobilizacions-queremos-galego/20190516175429079746.html


© 2020 Nós Diario