O espolio anunciarase no BOE, neste Sermos nº63

Novagalicia Banco terá novo propietario en outubro, De Guindos dixit. Unha decisión con consecuencias que che contamos neste número. Tamén informamos do que paga a Xunta ao exército español por apagar lumes. Tamén entrevistamos os candidatos nas primarias do PSdeG, e a politóloga Nazanin Armanian, falamos con Saleta Goi, e engaloiámonos co cantautor Roger de Flor. 

SG 63

Un novo número, o 63, de Sermos Galiza estará desde esta quinta feira na rúa. Neste semanario analizamos as consecuencias do final ditado para Novagalicia Banco, a venda a un banco español sistémico ou un fondo de investimento. Tamén analizamos por que PP e PSOE se opoñen á comisión de investigación sobre o accidente de Angrois, e falamos de como o exército español cobra un millón de euros da Xunta por apagar os incendios forestais.

Pero neste número 63 falamos de moito máis. Así, entrevistamos os candidatos nas primarias do PSdeG, Manuel Vázquez e Gómez Besteiro. E tamén entrevistamos a politóloga iraniana Nazanin Armanian, que debulla as chaves do que está a pasar no mundo árabe.

Trasvases que non veñen a conto

Outras cuestións que tratamos neste Sermos Galiza é o da construción dun trasvase entre o lago artificial de Meirama e Cercebre, custosa obra que só beneficia a unha concelleira do PP.

E falamos coa presidenta da Fundación Manuel María, Saleta Goi, ademais de escribir sobre as Olimpiadas Populares Galegas que han decorrer a finais de setembro en Allariz ou debullamos o trasfondo político do xuízo a Bo Xilai.

A Festa da Istoria de Ribadavia ou a cara oculta das Illas Cíes son outros temas que ofrecemos nas nosas páxinas. E entrevistamos ao cantautor Roger de Flor. E moito máis

Comentarios