Caso Púnica

Aguirre e Cifuentes, acusadas do financiamento ilegal do PP de Madrid

O titular do xulgado de instrución 6 da Audiencia Nacional, Manuel García Castellón, imputou esta segunda feira os ex-presidentes da Comunidade de Madrid Esperanza Aguirre e Cristina Cifuentes polo suposto financiamento irregular do PP na rexión. O xuíz citounas para declarar o 1 e o 18 de outubro no marco da investigación do caso Púnica e quere coñecer o papel das ex-dirixentes no financiamento da formación entre os anos 2003 e 2011, segundo informa Nació digital.
Esperanza_Aguirre_en_RNE
photo_camera Esperanza Aguirre.

A Fiscalía xa pedira a imputación de Aguirre e Cifuentes hai un mes. No escrito, as fiscais Carmen Cardá e María Teresa Gálvez solicitan reordenar a causa e argumentaron que Aguirre participou en reunións clave nas que se negociaría o financiamento do PP supostamente irregular durante varias campañas electorais. 

No caso de Cifuentes, o Ministerio Público defende que a ex presidenta saltou algunha das actuacións no procedemento de adxudicación da cafetaría da Asemblea de Madrid.

Ademais de Aguirre e Cifuentes, o xuíz García Castellón tamén cita como investigados o ex-presidente da empresa Indra e actual presidente non executivo de Prisa, Javier Monzón; os ex-conselleiros do goberno de Madrid Manuel Lamela e Juan José Güemes; e o ex-presidente de Madrid, Ignacio González, tamén do PP.

A investigación iniciouse en 2014 tras o descubrimento dunha axenda do ex-secretario xeral do PP de Madrid, Francisco Granados, na que se reflicten cantidades e presuntos donantes do PP rexional que terían apoiado as campañas electorais a cambio de adxudicacións públicas.

Nos últimos meses, informes da Unidade Central de Operación Civil (UCO) da Garda Civil situaron a Aguirre en reunións clave nas que supostamente se tería negociado o financiamento irregular das campañas electorais de 2007, 2008 e 2011 nas que Aguirre lideraba os populares madrileños.

Comentarios