“É especialmente preocupante a irrelevante presenza do galego nas aulas de Infantil en ámbitos urbanos”

CIG-Ensino indica que a enquisa do IGE sobre uso da lingua propia da Galiza constata os efectos do decreto de plurilingüismo: aumenta o número de estudantes que non sabe falar galego.

En setembro reabrirás as aulas

“Desde que se promulgou o Decreto de Plurilingüismo no 2010 asistimos a un descenso continuado no emprego da nosa lingua no ámbito educativo tanto por parte do profesorado, que está impedido, legalmente, para dar moitas materias en galego, como por parte do alumnado”.  CIG-Ensino realiza esta reflexión desde o coñecemento dos datos da enquisa do IGE sobre uso do galego. No tramo de idade que vai dos 5 aos 15 anos, 30,04% recoñecen non saber escribir galego, 18,32% non saber lelo e 23,9 % non saber falalo, o que supón un incremento do 8,42%, do 4,06%, e do 7,6% (respectivamente) sobre os datos recollidos no 2008, ano da última enquisa anterior á entrada en vigor do decreto contra o galego.

Para o sindicato, o “único éxito verificábel” é o da “política desgaleguizadora do PP”, que conseguiu, embra, que nas aulas galegas estea mesmo prohibido impartir determinadas materias en galego (matemáticas, a física e química ou a tecnoloxía.

“Especialmente preocupante, desde o punto de vista do futuro do noso idioma, é a irrelevante presenza do noso idioma nas aulas de Infantil en ámbitos urbanos”. indice. Hoxe, case dez anos despois da entrada en vigor do Decreto de Plurilingüísmo ”aumentou dun xeito moi alarmante o alumando que, despois de pasar doce anos polo ensino obrigatorio, sae das aulas sen saber falar no noso idioma”.

Por todo iso, o sindicato pide una mudanza “urxente” da administración na política lingüística e educativa, na liña de facer do galego a lingua vehicular.

Comentarios