Escocia ofrécese como mediadora entre Catalunya e Estado español

Basea o seu ofrecemento na "experiencia" adquirida co referendo "consensuado" do 18 de setembro de 2014, di o Herald Scotland

Catalunya_Escocia

O goberno escocés, através do gabinete de Cultura, Europa e Asuntos Internacionais dirixido por Fiona Hislop ofreceuse como mediador para resolver o conflito político entre Catalunya e España após os comicios do 27S. 

"Estamos dispostos a partillar as nosas espericiencias con España e Catalunya", sinalan malia recoñecer as diferenzas "constitucionais" existentes entre ambos os dous procesos habida conta que "as disposicións" no caso do Reino Unido e Escocia "facilitou o camiño para o referendo de independencia legalmente vinculante" decorrido o pasado ano. 

Embora rexeitaren estabelecer paralelismos entre o proceso catalán e o escocés, a propia primeira ministra escocesa, Nicola Sturgeon, presentou o Acordo de Edimburgo, asinado entre David Cameron e Alex Salmond, como un modelo a seguir para a resolución de conflitos territoriais en todo o mundo, tamén no Estado español. 

O escocés, o  "camiño correcto"

"Somos dous países diferentes, con circunstancias diferentes, diferentes situacións, diferentes experiencias e o futuro de Catalunya será decidido polo pobo catalán", asegurou Sturgeon a respeito das eleccións do 27-S, ao tempo que recoñeceu que "moita xente en Escocia" estaba a ollar "con moito interese" o que acontecía en Catalunya. 

Así as cousas, amosouse certa de que o seu país deu "un exemplo ao mundo" de como adoptar "grandes decisións" seguindo o "camiño correcto". Neste senso, ofrecen a súa "experiencia" para procurar unha resolución tamén en Catalunya. 

Comentarios