Imprimir

O escándalo da CRTVG

Editorial | Sermos Galiza Editorial

Editorial | 07 de xaneiro de 2021

[María Obelleiro]

Con vocación de servizo público para promover, difundir e impulsar a lingua galega. Eis a razón de ser da CRTVG, que recolle a súa Lei de creación, do ano 1984. Unha normativa que está a ser incumprida cada vez en maior medida tanto na Radio Galega como na Televisión da Galiza. Á marxe de prácticas reprobábeis en que se enxalza o papel do presidente da Xunta e en que se minimiza o da oposición, cómpre denunciar o uso do español nos medios públicos galegos.

Das declaracións en español pasouse a unha entrevista ao ex alcalde da Coruña Francisco Vázquez, coñecido pola súa posición galegófoba, en español, preguntas do xornalista (o xefe de Informativos da RG, Luis Ojea) tamén en español. A prostitución da razón de ser da CRTVG tamén se percibe en contidos como “A gran ilusión” (que leva unha gralla no propio no título). Na mañá do día 6 retransmitíase este programa en que un ilusionista facía trucos de maxia a persoas famosas españolas. Apenas se escoitou o galego e a dicción do condutor resultaba intolerábel. Até cando esta falta de respecto?

Podes ver este artigo na próxima dirección /opinion/editorial/escandalo-da-crtvg/20210106200055113190.html


© 2021 Nós Diario