ERTE no Parrulo de fútbol sala

A equipa ferrolá afirma recorrer a esta medida para "garantir a viabilidade nestes difíciles momentos"
Adestramento online do cadro de xogadores (Foto O parrulo
photo_camera Adestramento online do cadro de xogadores (Foto: O Parrulo)

O Parrulo Ferrol recibiu nas últimas horas por parte da consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta da Galiza a aceptación da solicitude do  ERTE por causa de forza maior para os traballadores e traballadores do clube.

Desta forma, O  Parrulo Ferrol “quere garantir os dereitos profesionais dos xogadores e corpo técnico do primeiro equipo, como tamén garantir a viabilidade do club”, despois do estado de alarma e a posterior suspensión indefinida de todas as competicións, ante a  incerteza dunha posible continuación.

É unha das medidas que se están a facer no mundo do deporte, en diferentes campos, non só o de fútbol, senón que tamén afectaoutras discplinas. 

O Parrulo funciona como unha escola de fútbol sala, presente nas distintas categorías infantís e xuvenís, e o seu primeiro equipo xoga na Primeira División.

Entre 1998 e 2003, xogou na máxima categoría da Liga Nacional de Fútbol Sala, a División de Honra, chegando a xogar na tempada 1999-2000 o play-off polo título como sexto clasificado. Non foi até 2017 cando o equipo conseguiu de novo o ascenso á elite.

Comentarios