Os equipos galegos visitan Madrid cos ollos na salvación

Os caprichos do calendario programaron un duelo galego-madrileño por partida dupla no día de hoxe. Así, o Club Deportivo Lugo saltará ao céspede do Fernando Torres de Fuenlabrada ás 12 horas, e o Celta pechará a xornada 24 da Primera Divisón no Santiago Bernabéu ante o Real Madrid.

EUROPA~1
photo_camera Iago Aspas aspira a marcar o seu noveno gol da tempada. (Foto: E.P.)

Os caprichos do calendario programaron un duelo galego-madrileño por partida dupla no día de hoxe. Así, o Club Deportivo Lugo saltará ao céspede do Fernando Torres de Fuenlabrada ás 12 horas, e o Celta pechará a xornada 24 da Primera Divisón no Santiago Bernabéu ante o Real Madrid.

Os celestes chegan á casa do líder logo de facer anacos a negativa xeira de resultados que viñan padecendo, e durante a cal sumaron só cinco puntos de 24 posíbeis.

Os goles de Iago Aspas e Pione Sisto fixeron posíbel que o equipo batese o Sevilla en Balaídos, certificando así, en forma de tres puntos, a melloría no xogo que os de Óscar García Junyent viñan demostrando nos últimos partidos.

Sempre é difícil prever o sistema que pode empregar o técnico catalán, pois nos seus escasos tres meses como adestrador da escuadra viguesa xa probou con media ducia de variantes tácticas diferentes, desde o tradicional 4-4-2 ou o estendido 4-2-3-1, até o 5-3-2, a súa modificación en forma de 3-5-2 e o 4-1-4-1.

Porén, e dada a dimensión do rival, non se descarta que opte pola fórmula que empregou ante o Barcelona, cun 5-3-2 máis conservador. A recuperación do lesionado Jeison Murillo favorece esta posibilidade, na que Aidoo acompañaría a Araujo e ao colombiano no centro da zaga celeste.

Así, o Celta podería xogar con Rubén Blanco na portería; Arujo, Aidoo e Murillo como centrais, acompañados por Olaza e Kevin nas bandas; Okay, Rafinha e o acabado de chegar Bradaric para apuntalar o centro do campo; e unha dupla de ataque co indiscutíbel Iago Aspas e o tanque ruso Smolov.

    

Aos albivermellos só lles vale a vitoria

O Club Deportivo Lugo viaxa a Fuenlabrada coa intención de lograr tres puntos catárquicos que o aproxime aos postos de salvación ante un rival que leva sete partidos sen gañar. 

Con só sete puntos dos últimos 39 posíbeis, os albivermellos do Lugo necesitan desesperadamente esa vitoria que a piques estiveron de lograr a pasada xornada ante o Elxe, mais deixárona escapar nos últimos cinco minutos dun encontro que, por outra banda, foi un dos mellores en toda a tempada da escuadra agora dirixida por Curro Torres.

Comentarios