Opinión

Épica celeste para crer

Pasadas unhas horas prudenciais o celtismo comeza a dixerir a montaña rusa de emocións que foi o partido do sábado contra o Villarreal. O fútbol foi o de menos. E Aspas foi o de máis. O de todo. Apuntouse o de Moaña definitivamente á épica con dous goles salvadores e cunhas bagoas que deron a volta ao mundo para se converter na imaxe dun sentimento e dunhas cores únicas.

O sábado Balaídos foi unha festa desde ben cedo destinada a darlle razóns a equipo e xogadores para crer e para non desfalecer. En quince minutos de partido a festa converteuse en funeral e o Celta nun equipo descosido por once máis doe, polas costuras traseiras. O Villarreal entraba na área do Celta cunha facilidade demasiado obvia. Pedraza parecía Messi sin selo. E Cazorla sembraba ter 10 anos menos. Pero o equipo milagrosamente resistiu e tirou dese último fio para empedir a rotura total. Comezou a ter o balón e paliar así o dominio do Villarreal no encontro. A afección muda, en estado de shock, pero poco a poco o equipo recuperaba a cor e a respiración.

Pero eses tres puntos tan desexados e aplaudidos son só un pequeno paso adiante nunha resta final de nove finais.

 

O descanso foi un punto de inflexión e de 'reseteo'. O equipo estaba vivo e sólo precisaba dun gol. Só dun para reconectar e reactivar a esperanza. E así foi. Esa falta no momento preciso botada polo home esperado. Ese gol foi a chave do encontro. Todo o que sucedeu a partir dese intre foi consecuencia dese gol. Aspas apareceu para volver liderar ao equipo e encender a luz verde de 'on' que tantos meses levaba apagada.

E vaia que se acendeu. Todos os sensores comezaron a emitir sinais positivas. ‘Maxigol' volveu aparecer en Balaídos, volveu sorrir e volveu marcar. E fixoo asistido polo seu compatriota Lucas Olaza, inexplicablemente inédito ata o de agora. É difícil de entender vendo o encontro do uruguaio por que aínda non debutara co equipo. Vertical e seguro, puxo un centro milimetricamente calculado na testa de Maxi para o gol. Brais enchufouse de novo con Aspas no terreo de xogo, volveu xerar cousas sen semellar o home gris e frustrado das últimas semanas e provocou un penalti que era a vida para o celtismo. E que só podía xutar Aspas. Botou ás costas toda a responsabilidade sen dubidar un intre. E foi gol e Balaídos estoupou como había tempo que non estoupaba. Pero, sobre todo, respirou. Por primeira vez en moitas semanas a afección viu luz no faro que é Aspas. Dez minutos de sufrimento e a festa coa que amencera Vigo voltou as rúas celebrando unha vitoria tan épica como fundamental.

Pero eses tres puntos tan desexados e aplaudidos son só un pequeno paso adiante nunha resta final de nove finais. Se o do Villarreal era importante, o encontro do próximo mércores en Huesca é vital. Unha segunda vitoria poría ao equipo nunha situación na que non se ve desde a terceira xornada de liga cando lle gañou ao Atletico despois dunha vitoria contra o Levante. Só daquela o Celta foi quen de sumar dúas vitorias consecutivas. Mental e animicamente o equipo está finalmente activo despois de moitas semanas. Toca aproveitar a inercia positiva e toca, de novo, saír a gañar. Eso si, sen a melopea defensiva coa que se presentou o sábado en Balaídos.

Comentarios