Enid Blyton, por Xoán Costa

Sen titulo

Enid Blyton, a escritora inglesa nacida en 1897, creou centenares de obras que marcaron a imaxinación de xente de todo o mundo desde 1922. As aventuras dos seus famosos personaxes, especialmente os vinte e un títulos de misterio e aventuras  da colección The Famous Five. Os Cinco na Illa do Tesouro (1942) é o primeiro da serie, adaptáronse ao cine e á televisión.

Hoxe, pasados máis de cincuenta anos após a súa morte (1968) Blyton segue a ser considerada  a autora máis querida polos británicos, por encima de J.K Rowling, Austen ou o propio Shakespeare,  e os seus libros seguen a influír nas xeracións sucesivas de mozas e mozos, malia as súas historias seren consideradas clasistas, sexistas e racistas. 

Na prensa galega as primeiras referencia a Blyton aparecen en 1964, nas páxinas de Artes e Letras do compostelán diario La Noche que recomenda ler, na sección leituras xuvenís, Blyton e Verne.

Moitos de nós lembramos estes libros que, no fin da década dos sesenta, xunto cos de Xulio Verne, chegaban ás escolas rurais en envíos periódicos. Con eles fomos da terra á Lúa con Verne no mesmo ano en que o Apolo XI pousaba alí e neles achamos un mundo de misterios que chegan até hoxe. Iso si, en español. Mais, quen ousaba traducir para galego?

Comentarios