Emma Pedreira, novela, Carlos Negro, literatura xuvenil, e Héctor Cajaraville, infantil, gañan o Xerais

A entrega dos galardóns -dotados cada un deles con 10.000 euros-, axendada para o mes de outubro.

xurados_premios_xerais_2018
photo_camera Foto de familia dos xuris destes premios

Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, é o título gañador do Premio Xerais 2018 na categoría de novela. Competiron polo galardón 37 obras e o xuri elexiu como finalistas as obras apresentadas baixo os lemas Anxos Roubados, Canicha, Cecimbre e Ego Sum.

pedreira_emmaEmma Pedreira (A Coruña, 1978) fai parte da Xeración Poética dos 90 e como poeta ten múltiples obras premiadas, desde o Diario bautismal dunha anarquista morta (gañou o Johan Carballeira) até o s/t (co que venceu o Xerais 2015, premio Gonzalo López Abente). Como narradora é autora de Bestiario de silencios (2001) e de Bibliópatas e fobólogos, premio da crítica de narrativa galega 2018.

Que viu o xuri en Besta do seu sangue? Basicamente unha proposta "de carácter transgresor", construída con "multiplicidade de voces" e caracterizada polo dominio de diversos rexistos narrativos. É tamén un texto en que aparecen por momentos a poeta.

Na categoría de literatura xuvenil -que baixo a denominación Premio Jules Verne alcanza a súa décima edición- a obra gañadora é Aplicación Instantánea, da autoria de Carlos Negro, que se impuxo a un total de 19 obras.

Carlos Negro (Lalín, 1970) é, como Pedreira, poeta e novelista. Como narrador é autor de obras como Far West, Makinaria, Penúltimas tendencias -premio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega á mellor obra de LIX- e Masculino Singular.

negro_carlos_2018O Negro poeta deu ao prelo títulos como As laranxas de Alí Babá e alzouse con premios como o Johán Carballeira por Héleris (2003), o Victoriano Taibo por Cultivos transxénicos (2008) e o Fiz Vergara Vilariño por Tundra (2017).

Canto a Aplicación Instantánea, o xuri valora nela a súa orixinalidade, a riqueza da súa linguaxe, o seu feminismo e tamén o exercicio da crítica social. Negro apela tamén á participación activa das leitoras na construción dun discurso "potente, apelativo e de intervención que non deixa ninguén indiferente".

Por súa parte, Hector Cajaraville venceu o Premio Merlín de Literatura Infantil -ao que concorreron 33 orixinais- cunha obra titulada Kusuma.

Cajaraville_hector_2018 (1)Cajaraville (Compostela, 1974) é xornalista e gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, De Remate. A partir de aí comezou a coleccionar galardóns: en 2016 fíxose co Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e xuvenil da Deputación da Coruña con A caixiña dos rancores, nese mesmo ano conquistou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do concello de Lugo con Once Portas e o Premio Meiga Moira de LIX con Denébola a Roxa

Para o xuri, Kusuma é "unha fermosa fábula ecoloxista protagonizada por un faisán asiático obrigado a fuxir da agresividade dun mundo industrializado". É unha obra que contén unha potente denuncia da xenofobia.

Comentarios