Emigrantes retornados e ex-mariños galegos en Noruega suman forzas fronte ao goberno

Nunha comparecencia con 'Iniciativa pola Unión' anuncian unha mobilización conxunta para esta quinta feira co lema 'Emigrantes do mar e da terra estafados por España e Noruega'.

Manifestación Emigrantes Retornad@s
photo_camera Manifestación Emigrantes Retornad@s

Os colectivos de emigrantes retornados e dos ex-mariñeiros galegos en Noruega anunciaron unha mobilización conxunta para esta quinta feira, 15 de outubro, baicxo o lema 'Emigrantes do mar e da terra estafados por España e Noruega'. Unha mobilización en cuxa presentación estivo presente tamén Iniciativa pola Unión, plataforma que puxo sobre a mesa a posibilidade de realizar unha gran asemblea nacional na que estean presentes as diferentes reivindicacións e loitas que se están a producir no país.

A Coordenadora nacional de emigrantes retornados e 'Long Hope' (a asociación de ex-mariños na frota norueguesa) coincidiron en reivindicar o apoio da cidadanía á mobilización (que parte ás 11:30 da compostelán Praza do Obradoiro para finalizar perante a Xunta). Os emigrantes retornados piden que se devolvan os impostos que o Estadoe spañol, afirman, lles cobrou irregularmente. Os ex-mariños. Cobrar as prestacións que lles corresponden após décadas cotizando en Noruega e que este país non lles quere pagar. Fomos “obrigados a emigrar”, salientan os colectivos, e agora atopan un “Goberno que non nos defende”, unha crítica que extenden tamén á Xunta.

Long HopeAsí, desde o colectivo de emigrantes retornados lembran que mentres un pensionista no Estado está exento de presentar declaración até os 22.000 euros, no caso dos que perceben prestación do estranxeiro o baremo baixa aos 11.200 euros. Iso considérano unha inxustiza a reverter.

Desde 'Long Hope' lamentan que o Goberno “non teña vergoña” e non os apoie nunha loita que é “de xustiza”. A isto engaden que, após máis de 30 mobilizacións, Núñez Feijóo non se reunise aínda cun colectivo que representa máis de 10.000 ex-mariñeiros galegos.

Comentarios