Unha longa demanda do concello e da APDR

Elnosa abandonará a Ría de Pontevedra

A electroquímica, peza básica para a pasteira Ence, concluira a súa concesión sobre os terrenos de dominio público terrestre en xullo pasado. Mais mesmo así xogou a fondo as súas bazas para prorrogar a súa permanencia, a pesar da oposición do concello de Pontevedra e da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (ADPR), para quen o complexo Ence-Elnosa é altamente contaminante. Após perder a partida fronte á intensa mobilización social, a empresa anunciou esta sexta feira o seu definitivo abandono.

elnosa
Comentarios